Ya no soy una jovencita, y las experiencias que he tenido me han servido para ver las cosas de una cierta forma. Este blog comenzó en un momento en que me dedicaba al cuidado de mi hija y quería hacer "algo más". Trata de cosas que he experimentado o que me interesaron en algún momento: experiencias y anécdotas vividas; mi opinión sobre ciertos temas; educación en general y enseñanza de idiomas en particular; mi afición por hacer fotos; educar a mi "peque" cuando era peque (ahora me veta);...
ANÉCDOTAS Y FRASES PARA RECORDAR DE MARÍA
lunes, 14 de mayo de 2012
sábado, 12 de mayo de 2012
Relato: Pensamentos
Todo empezou cando falei con el. Máis ou menos
tería a miña idade, pero víase tan pequeno, tan sinxelo cando se trataba que a
min semellábame un neno ao que tiña que coidar, unha especie de irmán pequeno.
Sinaláranmo como a un aprendiz de tolo, pero
eu non vía nel iso que me contaran e sentira ganas de falar con el, un pouco
por pasatempo, un pouco por curiosidade. Así foi como empece a coñecelo mellor.
Era un mozo triste, non sei o que diría del
outra persoa que o tratase coma eu. Sufría sempre a enfermidade da súa
depresión, pero era aquela unha enfermidade para a que non había medicinas.
Quizais por aquel estado no que vivía
presentaba aquel aspecto: ás veces recordaba a un vello enfermo, os osos
parecían ocupar nos brazos maior espazo que a carne.
A veces penso que si estaba un pouco tolo. Cando
falabamos eu intentaba dicir algo que o alegrase, pero case sempre acabamos
falando serios, el coa mirada perdida, eu coa miña intentando atopar a súa,
querendo saber o porqué da súa grandísima tristura.
Acórdome sorrindo dunha conversa que tivemos. Se
unha persoa maior que nós se parase a escoitala, creo que aínda estaría rindo
agora, divertida polas cousas que dicían aquel par de mequetrefes. Aqueles
mequetrefes, que éramos nós, estaban poñendo verde á todos os protagonistas da
historia: aos alemáns que por crerse unha raza superior mataron a millóns de
xudeus; aos cruzados cristiáns que pasaron polo coitelo á xente que non quixo
converterse á relixión que eles proclamaban verdadeira; á tódolos brancos que
se erixiron a si mesmos amos e donos da liberdade e do destino dos negros... Tiñamos
razón? Supoño, pero éramos moi novos e aínda
non sabíamos, por dicilo dalgunha maneira, de que banda estabamos.
Coido que con el aprendín moito, adquirín esa
experiencia que só algunha xente ten, a que provén das vivencias dos outros. Eu
ata aquel momento fora unha soñadora, e el pareceu plantexarse a obrigación de
abrirme os ollos, e de facerme ver que non era todo tan bonito. El levábao
sabendo moito tempo, era orfo dende moi pequeno, os seus pais morreran nun
accidente e el vivía coa súa avoa, unha vella que non lle podía dar a clase de
cariño que el necesitaba. Quizais por iso foi un rapaz sempre pensativo, sumido
na soidade que el mesmo parecía buscar, desexoso de non coñecer xa o que non
tivera antes.
Un día, fai hoxe dous anos, que podía ser un
día normal da vida de calquera rapaz, el aforcouse na súa habitación, autoconvencido,
supoño, de que a súa vida era a máis baleira de todas.
Si, pode ser que estivera tolo, non con esa tolura
do que cree que lle falan os animais, senón coa que el mesmo pareceu inventar
para si, na que se refuxiaba e na que tan a gusto vivía…, con unha rara tolura
que eu non acabo de comprender.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)