viernes, 13 de abril de 2012

"Tipos"...; (Son eu, que me gusta criticar...)


Éste es el primero de varios artículos que escribí en mi época de estudiante para la revista AXUBO. Los publico revisados e intentaré escribir alguno nuevo. Temas se me ocurren varios, pero no hay mucho tiempo...
Me encantará recibir cualquier tipo de crítica.
__________________________________________________________________

A miña rúa. Aproximadamente as dúas ou as tres da tarde. En plena campaña electoral. Estou acabando de facer a limpeza na miña habitación. De pronto óese: “Vote a Felipe González… Felipe e o PSOE son o futuro…”. “Nada, outro deses coches de propaganda electoral”, penso. Sen embargo, hai algo estraño, aínda que non sabería dicir o que. Os gritos “Non máis paro, Felipe González ao poder…” seguen. Asómome á fiestra, pero aínda que os berros parecen provir xusto de debaixo da miña fiestra, non vexo ningún coche. Miro enfronte…, non son eu a única curiosa: varias persoas saen ás fiestras, ás portas dos comercios… Fíxome mellor, e: sorpresa!, un home duns corenta anos, barba negra, que camiña facendo eses segue a vocear…
Non podo evitar pensar: será que os do PSOE están tan mal de cartos despois de todo?

Nunha rúa. Noutra. Dentro dunha cafetería. Dentro doutra cafetería. Outra vez na primeira rúa. En varios sitios máis. Dende varios meses para acá. Estando soa ou acompañada. A min e a outra xente. Nalgúns casos, varias veces no mesmo día. Case sempre cazadora de cadros azuis e doutro cor, aínda que ás veces, outra prenda de abrigo. Cara que tenta producir compaixón. E sempre, sempre!, a mesma pregunta: “Oye, me das unos duritos para comprar un bocadillo y pagar una pensión?”.

Unha rúa da nosa cidade. 10 da noite aproximadamente. Unha rapaza está na fiestra, debería estar estudando, pero non ten demasiadas ganas. Pensa: “En canto acabe o cigarro, empezo”. Como outras veces, un veciño baixa un momento o can. Como outras veces anda un anaco e mexa. Como outras veces o home anda tamén un pouco, e tamén mexa, pero a diferenza doutras veces, non se esconde detrás do coche máis cércano. A rapaza, tamén a diferenza doutras veces, non se aparta da fiestra. “Se a ti non che da vergoña, a min tampouco” e intenta decidir cal dos dous comportamentos, o do home ou o do can, é o máis desagradable. Pasado apenas un minuto dende que baixaron, os dous, a súa natureza xa liberada, soben de novo para a súa casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario